miércoles, 9 de noviembre de 2016

"Palestina" de Joe Sacco

A finais de 1991 e principios de 1992, Joe Sacco pasou dous meses entre os palestinos nos territorios
ocupados, viaxando e tomando notas. Cando volveu aos Estados Unidos, a mediados de 1992, empezou a escribir e debuxar Palestina, que combinaba a técnica da reportaxe en primeira persoa coa narrativa da novela ilustrada para explorar esta situación complexa e opresiva. A serie de nove cómics gañou o American Book Award de 1996 e foi todo un éxito na súa colección orixinal de dous volumes. Palestina foi por fin publicado en formato dun só volume, cun novo prólogo da man de Edward W. Said

martes, 8 de noviembre de 2016

"O anxo negro" de Manuel Gago

A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos.A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incribles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa.Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega.

lunes, 7 de noviembre de 2016

"La venganza de los panteras negras" de Gemma Lienas

Óscar é un adolescente sen horizonte. As súas únicas ilusións son a súa irmá pequena, Mabel, e os colegas da banda, os outros panteras negras. Xunto a eles sente parte de algo. A Baldo, o líder dos Black Panthers, seguro de si mesmo, sedutor e carismático, móveno a violencia e o desexo de vinganza: cargarse a Daniel, o traidor que hai un ano denunciouno e provocou que o inspector López humilláseo diante dos seus. Despois de fuxir da cidade cando sucedeu todo, Daniel ten que volver. Quen o atopará antes, o inspector ou as panteras? Á beira de quen se porá Óscar?

"A Sopa de Letras" de Amaia Crespo

A Raquel non lle gustan nada nin as sopas nin a verdura e os seus pais xa non saben o que facer. Hoxe tócalle sopa de letras, que inventará para non comela?