miércoles, 11 de diciembre de 2019

NOVIDADES IGUALDADE

Ademais das recomendacións lectoras para o Nadal, a piques de publicarse, queremos presentarvos uns títulos que acaban de chegar á nosa biblio e que seguro que vos encanta.

Para aqueles e aquelas aos que lles gustan as historias curtas e reais, presentamos Cuentos para niños que se atreven a ser diferentes.  Trátase dun precioso volume ilustrado no que aparecen arredor de cen historias sobre rapaces que fixeron do mundo un lugar mellor sen matar dragóns. Porque a igualdade non é so cousa delas.


Tamén en clave de igualdade, non podía faltar unha historia das mulleres. Herstory é unha historia ilustrada que contén, baixo unha perspectiva crítica, un repaso da vida do xénero feminino dende a Prehistoria ata o #MeToo.


miércoles, 20 de noviembre de 2019

Novidades en novembro

Despois do éxito dos asasinatos dos profes de Lingua e de Mates, decidimos que na nosa biblio faltaba o do profe de Música así que...aquí o tedes. Non é unha novidade porque este libriño xa ten os seus anos, pero como acabamos de rescatalos para a visita de Sierra i Fabra, pois aquí o tedes.








Tamén acabamos de adquirir a terceira parte dunha das triloxías preferidas dos lectores máis experimentados: Guardianes de la ciudadela, de Laura Gallego. Conseguirán Rox e Xein eliminar os monstruos do seu mundo?


lunes, 28 de octubre de 2019

DIARIO AZUL DE CARLOTA (Por Eva Fernández Vigo)

Carlota é unha adolescente que se interesa por temas sociais con pouca visibilidade. Neste novo diario trata temas como o machismo, a violencia de xénero ou o bullying.
Unha amiga de Carlota vive as consecuencias do machismo en primeira persoa. O seu mozo cre que ela é da súa propiedade e que pode decidir sobre o que ela debe facer. Incluso nunha ocasión, Carlota presencia no instituto cómo o rapaz se sobrepasa con ela e a intenta bicar sen o seu consentimento. Grazas ás súas amigas e ao instituto, o rapaz é expulsado e a súa moza pode seguir cunha vida lonxe del.
 
 
 
É un libro espectacular, un dos mellores que lín, xa que, ademais de ensinarte cousas que están pouco visualizadas na sociedade, é moi entretido e ensina valores que ti sola non verías. Tamén me deu unha pista do que son as verdadeiras amizades, xa que eles foron os que axudaron á protagonsita a superar as adversidades.
 
Eva Fernández Vigo (3º ESO)

martes, 28 de mayo de 2019

INFAMIA

Acaba de chegar aos nosos andéis o último título de Ledicia Costas, a autora que tanto éxito ten entre novos (é a nai de Escarlatina) e entre os adultos. Nesta ocasión deléitanos cun thriller psicolóxico para adultos que recibiu unhas críticas fabulosas.

Unha lectura imprescindible!!!!