Mostrando entradas con la etiqueta Fernández Paz Agustín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fernández Paz Agustín. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de enero de 2017

"A neve interminable" de Agustín Férnández Paz

Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

domingo, 1 de febrero de 2015

"A viaxe de Gagarin" de Agustín Fernández Paz

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. 
Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.

domingo, 28 de abril de 2013

"Cartas de inverno" de Antonio Seijas

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado 2012
Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar. 
Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea.
Di Agustín Fernández Paz: “Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno.

lunes, 25 de marzo de 2013

"As flores radiactivas" de Agustín Fernández Paz

A Fosa Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das costas galegas. Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos radiactivos das centrais nucleares de diversos países europeos. Nesa zona aparece un día unha estraña mancha brillante.O Alto Mando da OTAN acouta a zona e descobre que a mancha brillante está formada por flores, unha morea de estrañas flores mutantes que aboian na tona e deitan un penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen unha propiedade preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña nunha activa pacifista.Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai se-la protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón no barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen burla-la vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que axiña espallan por todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan agardar e, no remate da aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as guerras non van ter cabida e onde parece posible unha nova orde mundial baseada na paz e na cooperación.

sábado, 26 de enero de 2013

"Fantasmas de luz" de Agustín Fernández Paz

A Damián le fascina el cine, quizás porque lleva treinta y cinco años trabajando como operador de cabina de proyección en el cine Soñadores. Un día recibe una carta de su jefe citándolo a una reunión en la que le pide que no vuelva al trabajo. Esto será el desencadenante de un profundo cambio en la vida de Damián. Con angustia, se irá dando cuenta de que poco a poco se va volviendo invisible.

El hecho de la invisibilidad física que sufren Damián y su mujer es una metáfora sobre la invisibilidad de muchas personas dentro de la sociedad, el hecho de que sean apartadas del engranaje porque no cumplen los patrones, porque ya no sirven o porque son diferentes. Damián conocerá una red social llamada Rosa Parks (nombre de la mujer de raza negra que se negó a cederle el asiento a un hombre blanco en el autobús en EEUU en 1955), formada por gente invisible para la sociedad que lucha "por un mundo mejor y más justo, que no condene a nadie por vivir en la invisibilidad".

"Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.