lunes, 20 de enero de 2020

SUPREMAS. MOZAS MITOLÓXICAS

Menudo descubrimento fixemos este Nadal. Este libriño de fácil lectura mostra a historia de diferentes personaxes femininas da mitoloxía de tódolos tempos e lugares: dende Afrodita ata Daenerys Targaryen ou Hermione Granger, mostrando o que nelas hai de extraordinario. Ademais, ao mesmo tempo, se explican dun modo moi didáctico conceptos como sororidade ou estereotipo.
E, se aínda por riba, ten unha estética tan chula coma este libro, entón, xa non podes dubidar botarlle unha ollada. Sal de dúbidas, infórmate, descubre e pasa un bo anaco.