lunes, 14 de diciembre de 2015

"Son noxento" de Mª Xosé Queizán

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín. E, aínda que non é agradable –nin sequera na ficción– tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario. Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.

"De cristal" de Xurxo Silvestre Gómez

Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas.Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, «O ratiño branco», comprende que non nacemos co destino marcado e que a vida ten moito de heroicidade. Amando, o do terceiro, «O gato negro», daría algo por ser como Xoán Salvador Gaivota, alguén que se esforza en superarse e acadar a liberdade. Estela, a de «Pavo real», aprenderá que a felicidade non depende da cantidade de cousas que un teña. Rafael, o do derradeiro conto, «Gulag de galgos», descubrirá a certeza da frase de Gandhi: «A grandeza e o progreso moral dun pobo poden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.»Cinco relatos nos que as formas da maldade poñen a proba os medios pacíficos para resistir e superar a violencia e a intolerancia, mais que non chegan a apagar o facho que nos proporciona azos para erguernos cada día na procura da felicidade.

"As palabras poden matar" de Marcos Calveiro



Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.

"El pozo detrás de la puerta" de Josep Sampere

El pozo detrás de la puerta


Álex y Olga sospechan que un intruso de su edificio mueve los hilos (literalmente) de las vidas de los vecinos. Todos han sufrido pequeños "incidentes" con el ascensor, incidentes que han cambiado drásticamente sus destinos. Cuando los dos jóvenes se atreven a investigar el asunto, todas las pistas los llevan al mismo lugar: el entresuelo del edificio, un lugar inexistente en el panel de botones del ascensor. Pero lo que los espera allí podría no ser humano, ni tampoco un monstruo, sino un ser mucho más poderoso. Los deseos de los vecinos se cumplen del modo más siniestro... pero el pozo no concede ningún favor sin recibir un sacrificio a cambio.

"De remate" de Héctor Cajaraville

de remate-hector cajaraville-9788499149318De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo. Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variant...

"Cabalos e lobos" de Fran P. Lorenzo

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.

"Hai que matalos a todos" de Héctor Carré

hai que matalos a todos-hector carre-9788499148359


Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusi ón. Xaora, uns xornalistas tratan de dar a coñecer a verdade do sucedido, mais para conseguilo terán que arriscar moito, xa que nas catacumbas do poder algúns pensan que para impedir o escándalo e a crise política hai que matalos a todos. Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identidade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. Unha novela de acción trepidante e de lectura engaiolante coa que HéctorCarré se incorpora ao xénero negro.

"Europa express" de Andrea Maceiras

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.

"Dragal IV" de Elena Gallego Abad


Coma o anxo expulsado do paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal. A aparición de pequenas escamas é só o principio da mutación que experimentan os membros da Fraternidade. Desaparecido don Xurxo, chega un novo párroco, don Miguel, cuxa misión será impedir o regreso dunha estirpe maldita capaz de destruír o mundo. Nas páxinas do Codex Dragalianus, gardado na reitoral, accede aos segredos da Fraternidade. Todo está recollido no manuscrito máxico. Na noite do solsticio de verán os cabaleiros do dragón poderían apropiarse das forzas sobrenaturais do universo. Mentres o derrubamento parcial da igrexa de San Pedro descobre un pasadizo secreto, os dragalianos atopan un misterioso libro.Que relación ten este achado coa fórmula maxistral que experimenta Cortiñas no seu laboratorio? Dragal IV, A estirpe do dragón abre unha nova xeira na apaixonante serie protagonizada polo dragón galego.

"Cuarto minguante" de Bautista Álvarez

cuarto minguante-bautista alvarez-9788499148090Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. O enterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi o escaparate que lle permitiu comezar a contar con clie ntes na súa parroquia e despois tamén nas aldeas limítrofes. A cousa non empezaba mal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outro camiño. O 5 de agosto de 1955, saíu do porto de Vigo a bordo do transatlántico Santa María rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba así Ismael o seu percorrido emigrante que o levaría despois a Brasil e Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela primeira Suíza dos galegos. Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha lingua de inequívoca estirpe popular, e cunha presenza constante dun humor sutilmente retranqueiro, Bautista Álvarez reconstrúe nesta súa novela alboral os vieiros da emigración galega da segunda metade do século XX, unha epopea colectiva merecente de ser rescatada do esquecemento.

"A música dos seres vivos" de María Reimóndez

Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos. Despois de En vías de extinción, A música dos seres vivos abre o «Ciclo dos elementos», ao que tamén pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso é MK, personaxe secundaria de En vías de extinción, quen deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguirá avanzando en futuras novelas, permitirá acceder a visións cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.

"Por que as sombras non teñen ollos" de Luis Manuel García Mañá

por que as sombras non teñen ollos-luis manuel garcia maña-9788499149202O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalísma novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.

"Muros de aire" de An Alfaya

Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais. Fidel ocúpase dos asunto s administrativos; Cora do traballo de campo, e será a súa implicación emocional coas persoas entrevistadas o que fará remexer nela escuras lembranzas do seu pasado.Fuxindo dun ambiente opresor, e incapaz de desbotar do pensamento os testemuños inquietantes dos suicidas, Cora diríxese á cidade que a viu medrar buscando o acubillo de Remedios, a súa avoa, unha muller de personalidade castradora. Xaora, non atopará acougo, senón un mundo de falsidades agochadas no soto da súa infancia. Un mosaico de personaxes que actúan como monicreques guiados por un destino perverso que controla as súas vidas, erguendo entre eles herméticos muros de aire.

"Un animal chamado néboa" de Ledicia Costas

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.

"El capitán Miguel y el misterio de la daga milanesa" de Martín Casariego Córdoba

el capitán miguel y el misterio de la daga milanesa-martin casariego cordoba-9788467871449



En una recóndita región de interior, un lobo asesina a los jóvenes que cumplen catorce años sin que nadie pueda detenerlo. Hasta ahora sólo había atacado a campesinos, pero cuando termina con la vida del hijo de un poderoso conde, todos los soldados se lanzan a la búsqueda de un culpable. El capitán Miguel, que sobrevivió al lobo años atrás, es el único capaz de detenerlo, pero el monstruo podría estar mucho más cerca de lo que cree… y la única pista con la que cuenta es una extraña daga milanesa, que lo llevará en una investigación por las casas más poderosas de la comarca.

"Los gemelos congelados" de Andreu Martin y Jaume Ribera

los gemelos congelados (serie flanagan, 11)-andreu martin-jaume ribera-9788467871159¿Qué hacían los cadáveres congelados de dos niños de cuatro años en medio de un bosque nevado? ¿De dónde habían salido? Y, sobre todo, ¿por qué desaparecieron sin dejar rastro después de que una única testigo afirmara haberlos visto? Flanagan, ya adulto, se ve en una situación en la que solucionar este misterio es su única alternativa para evitar el embargo del bar familiar y poder plantearse un futuro en el que pueda estudiar criminología y llegar a ser detective privado profesional. Pero el misterio, que con el paso del tiempo se ha convertido en carne de parapsicólogos, admite toda clase de adjetivos desalentadores: absurdo, imposible, irreal, indescifrable. La investigación le lleva al ambiente sofocante y cerrado del pueblo pirenaico de Valldenás, donde todo el mundo parece tener algo que ocultar. Asesinatos, corrupción, engaños, sobornos, persecuciones... De sorpresa en sorpresa y de sobresalto en sobresalto, sin perder nunca el sentido del humor, Flanagan acabará encontrando el hilo que conduce hacia la revelación de una verdad aterradora.

"Madonna e outros contos de inverno" de Manuel Rivas



Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes. A tristeza da emigración, a experiencia límite do naufraxio, o amor que nos defende das adversidades, a resistencia durante o franquismo, a traizón que nos derrota, as consecuencias do tráfico de drogas, a ledicia de xogar un partido de fútbol, a integración das persoas diferentes e a conmoción da crise das vacas tolas artellan as tramas destes contos en que se abordan temas esenciais na literatura. Oito contos conmovedores nos cales Manuel Rivas dispuxo as pingas de humor e tenrura capaces de transformar o cotián na beleza da escrita literaria.

"Bícame, Frank" de Miguel Anxo Fernández

Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado.




Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa...
Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca característica. Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sobre a actualidade do país nunha novela que consolida a Soutelo como o detective máis activo do panorama literario galego

"Luar no inferno" de Miguel Anxo Fernández

luar no inferno-miguel anxo fernandez-9788482889283



Un novo caso do detective Frank Soutelo. Logo do éxito de Un nicho para Marilyn, Frank Soutelo, detective californiano de pais galegos, volve en Luar no inferno aos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais realizadas con violencia real. Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) aborda con orixinalidade o xénero policial para recrear, con humor e ironía, o mundo das películas de detectives e a súa engaioladora e apaixonante maneira de contar historias.

"Los fantasmas del paraíso" de Alfredo Gómez Cerdá"

los fantasmas del paraiso-alfredo gomez cerda-9788467577815



¿Hasta dónde llega nuestra responsabilidad en las acciones de nuestros padres? Pablo es el hijo menor de una poderosa y adinerada familia española. Actualmente estudia en Suiza, ha conocido a Bettina, se han enamorado y la vida les sonríe. Hasta que el padre de Pablo es detenido y encarcelado por su implicación en un caso de corrupción. Será entonces cuando todos los principios de Pablo se tambalean y en su mente aparecen miles de preguntas: ¿qué es peor un ladrón o un asesino? ¿Mi padre es un ladrón? ¿Todo el mundo puede ser un ladrón?

"El sueño de Berlín" de Ana Alonso y Javier Pelegrín

el sueño de berlín-ana alonso-javier pelegrin-9788467871432



Ana es una adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cuando Bruno, su compañero de clase, se entera del problema, intenta ayudarla. Con mucho ímpetu, pero también con desconocimiento, la animará a que se apunte al viaje de fin de curso y pueda cumplir uno de sus sueños: visitar, en Berlín, la cabeza de Nefertiti. Por otro lado, la vida familiar de Ana no está exenta de tensiones. Su padre la anima para que sea como las chicas de su edad, mientras que su madre quiere que se medique y la sobreprotege.Una novela de superación personal escrita con honestidad, que

"Morena, perigosa e románica" de Pedro Feijoo

morena, perigosa e románica-pedro feijoo barreiro-9788499149196Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousa s ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século. O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa. Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil... Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso?

"Caníbales y reyes" de Marvin Harris

canibales y reyes-marvin harris-9788420674315




¿Por qué tantas culturas han permitido el asesinato de las niñas recién nacidas? ¿Por qué los hombres se creen superiores a las mujeres? Marvin Harris responde a estas y muchas otras preguntas demostrando que Caníbales y reyes, esclavos y ciudadanos, madres e hijas, padres e hijos -las culturas a que todos ellos pertenecen- han de asumir en cada caso sus pautas culturales dentro de un proceso global de adaptación de las sociedades a su entorno.

"O frío azúl" de Ramón Caride Ogando

o frio azul-ramon caride-9788478245406O frío azul.. Ano 1517. Nunha escura invernía, desafiando unha mesta nevarada, un viaxeiro chega ao mosteiro de Oseira. Acarrexa unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por saber a calquera prezo a razón da súa insólita desventura. Pouco a pouco, paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos monacais van minando a súa afouteza, ata que, finalmente, a impensada confesión do amo do mosteiro o leve sen remisión polos camiños máis abraiantes. Sen acougo, do val estremeiro do Xálima a Portugal, de Toledo ao Courel, o autor tece un sorprendente relato que se vai apoderando do lector. Un relato de guerras e de nigromancia, de panteísmo e de represión, de poder asoballante e de resistencia secular. Un relato sorprendente que oscila, a cada paso, entre a quentura do amor e a friaxe da morte, entre as historias reais que sobrecollen e as lendas que perviven, agochadas, nos curutos das serras máis afastadas. Ramón Caride debuxa con mestría paisaxes, feitos e soños en O frío azul (Premio Manuel Lueiro Rey de novela Curta 2007), para facernos vivir, na compaña dos seus protagonistas, unha viaxe inesquencíbel polo tempo e polo espazo que nos permite albiscar os abismos máis fondos, os que cada un de nós levamos dentro.

"As palabras poden matar" de Marcos Calveiro



Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.

"O gran reino" de Eduardo Santiago

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014

O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman Margonia. Unha novela de engaiolante lectura dende a primeira páxina até o seu sorprendente desenlace. Unha intensa narración dunha vida adolescente marcada pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais.

jueves, 3 de diciembre de 2015

"O corazón de Xúpiter" de Ledicia Costas

o corazon de xupiter-ledicia costas-9788499144337

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí co ñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

"O faro escuro" de María López Sández




Cando unha brillante e atractiva xornalista, Catalina Moscoso, desaparece misteriosamente sen deixar rastro.....

Existe unha conexión con algunha das reportaxes que realizou ou coa súa recente separación? Quizais co accidente aéreo no que estivo a piques de perder a vida? Ou coas chamadas de acoso que recibía nos últimos tempos? A inspectora Neira, que se encarga do caso a coñeceu a Catalina anos atrás, durante a investigación duns asasinatos en serie na Costa da Morte, sente que se acaba o tempo e que a vida da famosa xornalista depende dela.

"Historia de Dani" de Ana Alonso y Javier Pelegrín

Un libro que corre paralelo al ya reseñado "Historia de Sara". Estos dos libros son los primeros de la saga "Odio el Rosa". Se pueden leer, sin embargo, independientemente aunque formen parte de un proyecto común y en algunos momentos las historias converjan.
Las grandes multinacionales lo copan todo. El mundo está dividido en dos grandes bloques: los que trabajan en ellas y los que suspiran por usar sus productos.
Es un mundo distópico en el que los jóvenes están abocados a entrar a formar parte de alguna de las grandes multinacionales que, de hecho, dominan la sociedad de lo contrario, sus vidas serán mediocres y su único proyecto la subsitencia.
Es el caso de Dani, un muchacho que ha enfocado toda su vida al fútbol y, desde pequeño, dedica todos sus esfuerzos a poder ir subiendo de categoría dentro de los equipos filiales de uno de los grandes: "Kine", que suele disputarse la primera plaza con su eterno rival "Odid".
Una mezcla de casualidades, tesón y talento han hecho que se presente la oportunidad y Dani Arenas sabe aprovecharla. Por fin ha conseguido una plaza en el primer equipo y, con ello, un cambio radical en su vida: contrato multimillonario, casa propia, fama, y todos los lujos de poder vivir en la ciudad central de la multinacional Kine.
Pero no todo es positivo. Después de un tiempo en el equipo se le plantean grandes retos. Si quiere seguir avanzando y disfrutando de su nuevo status tendrá que renunciar a muchos proyectos personales que le hacen dudar de si, de hacerlo, podrá seguir siendo él mismo.

A la vez irá descubriendo que las prácticas del Club no siempre han sido, ni son, del todo correctas. Poco a poco la atmósfera se va viciando y tornándose asfixiante. En sus dudas no puede confiar en los que le rodean: desgraciadamente lo descubrirá de una manera traumática.
Intentará salirse del sistema pero el sistema lo controla todo...
Una historia muy parecida a la de Ana que no hace más que iniciarse dejándonos con las ganas de continuar leyendo la serie. Tiene buen ritmo y es fácil de leer.

"Historia de Sara" de Ana Alonso y Javier Pelegrín

Historia de Sara (Odio el rosa I) Ana Alonso, Javier Pelegrín
El mundo de Sara está dominado por un puñado de grandes marcas que controlan todos los productos con los que se comercializa. El dinero y el poder están por encima de la libertad, y por ello las únicas opciones para los ciudadanos son vivir al borde de la pobreza o trabajar para uno de estos peces gordos.
El futuro de Sara, sin embargo, está por encima de las expectativas de la mayoría, ya que acaba de ser elegida para encarnar el nuevo rostro de Sweet Pink, una de estas multinacionales que controla desde ropa y productos de belleza, hasta tecnología punta y alimentos. En apenas un día, la vida de Sara da un vuelco: de la ropa de segunda mano y el anonimato pasa a ser la joven más rica y prometedora del mundo.
Sus inquietudes personales, por desgracia, están muy por encima de todo lo que Sweet Pink puede ofrecerle, y por eso no duda a la hora de unirse a un movimiento clandestino en la red con el objetivo de acabar con la dominación de las corporaciones.
La pareja más famosa de la literatura juvenil española vuelve a sorprendernos con una historia de tintes futuristas que promete ser el inicio de una serie revolucionaria. La ambientación está cuidada al detalle y el trasfondo de la trama es complejo. Hablamos de un mundo en el que el lector logra meterse desde el principio y que aporta una perspectiva más madura a las típicas tramas de literatura juvenil.

"La elegancia del erizo" de Muriel Barbery

la elegancia del erizo-muriel barbery-9788432228216En el número 7 de la calle Grenelle, un inmueble burgués de París, nada es lo que parece. Dos de sus habitantes esconden un secreto. Renée, la portera, lleva mucho tiempo fingiendo ser una mujer común. Paloma tiene doce años y oculta una inteligencia extraordinaria. Ambas llevan una vida solitaria, mientras se esfuerzan por sobrevivir y vencer la desesperanza. La llegada de un hombre misterioso al edificio propiciará el encuentro de estas dos almas gemelas.Juntas, Renée y Paloma descubrirán la belleza de las pequeñas cosas. Invocarán la magia de los placeres efímeros e inventarán un mundo mejor. La elegancia del erizo es un pequeño tesoro que nos revela cómo alcanzar la felicidad gracias a la amistad, el amor y el arte. Mientras pasamos las páginas con una sonrisa, las voces de Renée y Paloma tejen, con un lenguaje melodioso, un cautivador himno a la vida. .Muriel Barbery se ha convertido en la revelación literaria en Francia. Su ternura y originalidad le han valido el Premio de los Libreros, el reconocimiento de la crítica y el cariño del público, que la ha situado en las listas de los libros más vendidos durante un año. «Un cuento moderno, refrescante e inteligente», Le Figaro; «La nostalgia atemporal de Marcel Proust y el frescor de Philippe Delerm… Divertida, inteligente… aérea como un haiku», L’Express; «Decir que Muriel Barbery tiene talento es quedarse corto… Tiene un humor devastador», Le Nouvel Observateur. Premio de los Libreros franceses y Premio Culture et Bibliothèques pour Tous .

"Lo mejor de mí" de Nicholas Sparks

lo mejor de mi-nicholas sparks-9788499185187Durante la primavera de 1984, cuando todavía iban al instituto, Amanda Collier y Dawson Cole se enamoraron para siempre. Aunque pertenecían a estratos sociales muy diferentes, el amor que sentían el uno por el otro parecía capaz de desafiar cualquier impedimento que la realidad en la vida de la pequeña ciudad de Oriental en Carolina del Norte quisiera ponerles por delante. Pero el verano después de su graduación una serie de acontecimientos imprevistos separaría a la pareja y los llevaría por caminos radicalmente opuestos.Ahora, transcurridos veinticinco años, Amanda y Dawson tienen que volver a Oriental para el funeral de Tuck Hostetler el mentor que encubrió y protegió su historia de amor adolescente. Ninguno lleva la vida que imaginó? y ninguno de los dos ha podido olvidar el apasionado primer amor que cambió sus vidas para siempre.Ambos deberán cumplir con la última voluntad de Tuck, una serie de encargos que deben realizar juntos y que les ayudará a darse cuenta de que todo aquello de los que estaban seguros (sus ideas sobre Tuck, sobre ellos mismos, sobre sus sueños más preciosos) no eran lo que parecía. Forzados a enfrentarse con dolorosos recuerdos, los dos amantes descubrirán verdades innegables sobre las opciones de su vida. En el cuso de                             un solo fin de semana, se preguntar

"Spam" de Carlos Peramo





Después de la muerte de su novia en un accidente de moto, Lucas se muda con sus padres a un pequeño pueblo. Allí empezará de nuevo y tratará de superar el sentimiento de culpa por lo ocurrido. Recién llegado, conoce a Micol, una chica por la que se siente atraído y que esconde un extraño don. Tanto los spams, las visiones que tiene de hechos futuros, como la capacidad de ver y hablar con los espíritus, forman parte de su compleja vida diaria. Y las cosas no tardarán en complicarse aún más...

"Lume de cobiza" de Miguel Anxo Fernández






Un novo caso de Frank Soutelo, desta volta en Galicia

Logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006.

Sen esquecer o humor, Miguel Anxo Fernández aborda nesta novela un dos asuntos máis controvertidos da actualidade.

lunes, 30 de noviembre de 2015

"Tres disparos e dous friames" de Miguel Anxo Fernández

Retranqueiro, un tanto cínico, co seu aquel fanfurriñeiro e a súa particular idea de xustiza, en Tres disparos e dous friames, terceira novela da serie, este detective volve meterse en leas nos máis escuros e depravados ambientes de Hollywood.
 Unha aspirante a actriz, moza e fermosa, un importante e respectado produtor de cinema que busca satisfacer os seus instintos e unha muller cobizosa que mantén a ficción dun matrimonio perfecto son os vimbios cos que Miguel Anxo Fernández constrúe unha historia chea de reviravoltas.

"Un nicho para Marilyn" de Miguel Anxo Fernández

Premio de Novela Manuel García Barros, 2002 .Unha divertida e paródica obra do xénero negro. Frank Soutelo, detective privado californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desaparición do cadáver de Marilyn Monroe, co que está relacionada unha rede de necrofilia de "alto nivel". Miguel Anxo Fernández acerta cos se us diálogos faiscantes, coa ironía e cun tratamento novo e orixinal do mítico mundo do cinema.

"La Templanza" de María Dueñas

Si no has olvidado El tiempo entre costuras, recordarás para siempre La Templanza, la nueva novela de María Dueñas. Nada hacía suponer a Mauro Larrea que la fortuna que levantó tras años de tesón y arrojo se le derrumbaría con un estrepitoso revés. Ahogado por las deudas y la incertidumbre, apuesta sus últimos recursos e n una temeraria jugada que abre ante él la oportunidad de resurgir. Hasta que la perturbadora Soledad Montalvo, esposa de un marchante de vinos londinense, entra en su vida envuelta en claroscuros para arrastrarle a un porvenir que jamás sospechó. De la joven república mexicana a la espléndida Habana colonial; de las Antillas al Jerez de la segunda mitad del XIX, cuando el comercio de sus vinos con Inglaterra convirtió la ciudad andaluza en un enclave cosmopolita y legendario. Por todos estos escenarios transita La Templanza, una novela que habla de glorias y derrotas, de minas de plata, intrigas de familia, viñas, bodegas y ciudades soberbias cuyo esplendor se desvaneció en el tiempo. Una historia de coraje ante las adversidades y de un destino alterado para siempre por la fuerza de una pasión. Solo las grandes historias despiertan grandes emociones

"Noel te busca" de Ángel Burgas






Enrique se despierta en un hospital con el cuerpo magullado sin saber por qué, ya que apenas recuerda nada, solo tiene imágenes inconexas. Algo no va bien, porque en la puerta de su habitación hay vigilancia policial. Debería indagar en su pasado, pero en ocasiones la tentación de olvidarlo todo es demasiado fuerte, ya que nada tiene sentido…¿Por qué tiene pequeñas señales de cirugía facial? ¿Por qué un desconocido le escribe una nota donde está escrito «Noel te busca»? ¿Por qué recibe ese mensaje misterioso?
Una historia dura, impactante y muy atractiva basada en un hecho real que conmocionó a toda una sociedad y que reflexiona sobre el límite entre el bien y el mal.  Ocultar resumen completo

"Del color de la leche" de Nell Leyshon

del color de la leche-nell leyshon-9788415601340Elias Canetti escribió que en las escasas ocasiones en que las personas logran liberarse de las cadenas que las atan suelen, inmediatamente después, quedar sujetas a otras nuevas. Mary, una niña de quince años que vive con su familia en una granja de la Inglaterra rural de 1830, tiene el pelo del color de la leche y nació con un defecto físico en una pierna, pero logra escapar momentáneamente de su condena familiar cuando es enviada a trabajar como criada para cuidar a la mujer del vicario, que está enferma. Entonces, tiene la oportunidad de aprender a leer y escribir, de dejar de ver «sólo un montón de rayas negras» en los libros. Sin embargo, conforme deja el mundo de las sombras, descubre que las luces pueden resultar incluso más cegadoras, por eso, a Mary sólo le queda el poder de contar su historia para tratar de encontrar sosiego en la palabra escrita. En Del color de la leche, Nell Leyshon ha recreado con una belleza trágica un microcosmos apabullante, poblado de personajes como el padre de Mary, que maldice a la vida por no darle hijos varones; el abuelo, que se finge enfermo para ver a su querida Mary una vez más; Edna, la criada del vicario que guarda tres sudarios bajo la cama, uno para ella, y los otros para un marido y un hijo que no tiene; todo ello, enmarcado por un entorno bucólico que fluye al compás de las estaciones y las labores de la granja, que cobra vida con una inocencia desgarradora gracias al empeño de Mary de dejar un testimonio escrito del destino adquirido, al cual ya no tiene la posibilidad de renunciar. «Del color de la leche es un libro escrito con la urgencia palpitante de un pequeño clásico –pequeño por lo compacto y concentrado de su universo– y una historia poderosa que desciende al bajo fondo de una vida que se disolvió en la escritura y que sólo puede recobrarse en el silencio de nuestra lectura. Un silencio largo, estremecido, y lleno de rabia. Pero también un silencio esperanzado y lleno de admiración».

"Tuerto, maldito y enamorado" de Rosa Huertas

tuerto, maldito y enamorado-rosa huertas-9788426375339

La vida de Elisa cambia el día que decide ayudar a su hermana a preparar un trabajo de Literatura sobre Lope de Vega y visita las estanterías de la biblioteca del instituto, donde habita un espectro tuerto sobre el que pesa una terrible maldición. Solo ella puede liberarlo, pero antes tendrá que resolver el misterio de la identidad del fantasma y desvelar su historia de amor. Tras algunas visitas a la casa actual del famoso dramaturgo, descubren que la maldición fue proferida por este en su lecho de muerte después de que su hija se fugase con un amante y Lope hiciese cómplice a Lorenzo, el fantasma, de su huida y pérdida. Elisa y su amigo Ricardo conseguirán romper el maleficio trasladando al espectro hasta la casa actual del dramaturgo, donde se fundirá definitivamente en un espejo con su amada perdida, la hija de Lope.
 

"Mala luna" de Rosa Huertas

¿Es posible que existan aún poemas inéditos de Miguel Hernández? ¿Dónde se esconderá el cuaderno en el que escribió sus últimos versos? Clara y Víctor, dos adolescentes, intentarán hallar la respuesta a estas preguntas e iniciarán una búsqueda apasionante que les revelará mucho más de lo que pensaban. Conocerá n la verdad que esconde la memoria de sus respectivos abuelos, se descubrirán el uno al otro y fluctuarán entre la amistad y la desconfianza, la lealtad y la traición. Los sentimientos aflorarán siguiendo el rastro del poeta cabrero.

domingo, 1 de febrero de 2015

"Tengo un secreto: El diario de Meri" de Blue Jeans

El esperado desenlace de El club de los incomprendidos.

La novela imprescindible para conocer todo el universo de El Club de los Incomprendidos.
 Tengo un secreto: el diario de Meri es la novela basada en el blog personal que escribe la intrigante Incomprendida en la película El Club de los Incomprendidos
En esta nueva novela, que arrasará entre todos sus fans, veremos cómo y por qué empezó todo, seremos cómplices de las dudas, miedos e inseguridades de todos los Incomprendidos y, por fin, sabremos cómo siguen sus vidas después del sorprendente final de ¿Puedo soñar contigo? 
Una lectura imprescindible para comprender todo el universo de El Club de los Incomprendidos.

"After. Almas perdidas" de Anna Todd (Serie After 3)

Tercera entrega de la serie AFTER, la historia de un amor infinito. 

No podrás vivir sin él. Una historia que nadie quiere que acabe y todo el mundo quiere vivir. El amor de Tessa y Hardin ya ha sido complicado en otras ocasiones, pero ahora lo es más que nunca. Su vida no volverá a ser como antes?Justo cuando Tessa toma la decisión más importante de su vida, todo cambia. Los secretos que salen a la luz sobre su familia, y también sobre la de Hardin ponen en duda su relación y su futuro juntos. La vida de Tessa empieza a desmontarse, nada es como ella creía que sería. Tessa sabe que Hardin la quiere y hará lo que sea para protegerla, pero existe una diferencia entre querer a alguien y poder vivir con esta persona. Ahora mismo, estas dos almas perdidas viven rodeadas de celos, odio y perdón. Tessa nunca ha sentido nada igual por nadie, pero empieza a cuestionarse si todo esto vale la pena. El amor bastaba para mantenerlos juntos, pero ahora ya no está claro lo que dictan sus corazones?

"After. En mil pedazos" de Anna Todd (Serie After 2)

Una historia que nadie quiere que acabe y todo el mundo quiere vivir.

Tessa se acaba de despertar de un sueño. Es consciente de que era todo demasiado bonito para ser cierto… ¿Es posible volver a sonreír cuando todo se rompe en pedazos? Ella y Hardin parecían hechos el uno para el otro, como dos almas gemelas, pero él lo ha roto todo, se ha acabado el sueño para siempre. ¿Cómo ha podido ser tan ingenua? Si quiere recuperarla, Hardin deberá luchar como nunca por lo que ha hecho. ¿Estará preparado? ¿Se puede perdonar todo?

"After" de Anna Todd (Serie After 1)

AFTER: la historia de un amor infinito.

Tessa Young se enfrenta a su primer año en la universidad. Acostumbradaa una vida estable y ordenada, su mundo cambia cuando conoce a Hardin, el chico malo por excelencia, con tatuajes y de mala vida. La inocencia, el despertar a la vida, el descubrimiento del sexo... un amor infinito, dos polos opuestos hechos el uno para el otro.

"Leal" de Verónica Roth. De la trilogía "Divergente"

Tercer libro de la trilogía Divergente.


Una sola elección te define. La sociedad dividida en facciones en la que antes creía Tris Prior ha quedado hecha pedazos, fracturada por la violencia y las luchas de poder, y marcada por la traición. Así que, cuando tiene la oportunidad de explorar el mundo mas allá de los limites que siempre ha conocido, Tris esta más que dispuesta. Puede que, al otro lado de la valla, Tobias y ella descubran una nueva vida juntos más sencilla, libre de mentiras, lealtades confusas y recuerdos dolorosos. Sin embargo, la nueva realidad de Tris es aún más inquietante que la que ha dejado atrás. Lo que creían haber descubierto deja de tener sentido. Surgen verdades explosivas que hacen cambiar de opinión a sus seres queridos.

"Insurgente" de Verónica Roth. De la trilogía "Divergente"

Segunda entrega de la trilogía Divergente.

Una sola opción puede transformarte, o te puede destruir, pero siempre tiene consecuencias. Con la oleada de disturbios en las distintas facciones, Tris deberá asegurarse de proteger a los que ama, mientras se enfrenta a inquietantes preguntas sobre la culpabilidad, el perdón, la identidad, la lealtad, la política y el amor. El día de la iniciación de Tris debería haber sido una celebración de la facción elegida, en cambio, el día terminó con un gran problema. El conflicto entre las facciones se intensifica y las ideologías se enfrentan. En tiempos de guerra, se eligen líderes y los secretos afloran cada decisión tiene mayores consecuencias más potentes.

"Divergente" de Verónica Roth

Primer libro de la trilogía Divergente.


En el Chicago distópico de Beatrice Prior, la sociedad está dividida en cinco facciones, cada una de ellas dedicada a cultivar una virtud concreta: Verdad (los sinceros), Abnegación (los altruistas), Osadía (los valientes), Cordialidad (los pacíficos) y Erudición (los inteligentes). En una ceremonia anual, todos los chicos de dieciséis años deben decidir a qué facción dedicarán el resto de sus vidas. Beatrice tiene que elegir entre quedarse con su familia... y ser quien realmente es, no puede tener ambas cosas. Así que toma una decisión que sorprenderá a todo el mundo, incluida ella.

"28 días" de David Safier

David Safier nos sorprende con una emocionante novela sobre el levantamiento del gueto de Varsovia protagonizada por una carismática adolescente. Varsovia 1943: Mira, una chica de 16 años, sobrevive como puede en el gueto de Varsovia dedicándose al contrabando de alimentos. Su único objetivo es proteger a su hermana pequeña, Hanna. Cuando empiezan a deportar a los habitantes del gueto a los campos de concentración, Mira se une a la Resistencia. Juntos consiguen hacer frente a las SS mucho mas tiempo de lo imaginado. 28 dias. 28 dias en los que Mira experimentara la traición, el sufrimiento y la felicidad. 28 días para vivir toda una vida.28 días para descubrir el amor verdadero. 28 días para convertirse en una leyenda. 28 días para contestar la mayor de las preguntas: ¿qué clase de persona quieres ser?

"Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz

Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado.