Mostrando entradas con la etiqueta Fernández Miguel Anxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fernández Miguel Anxo. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de diciembre de 2015

"Bícame, Frank" de Miguel Anxo Fernández

Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado.




Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa...
Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca característica. Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sobre a actualidade do país nunha novela que consolida a Soutelo como o detective máis activo do panorama literario galego

"Luar no inferno" de Miguel Anxo Fernández

luar no inferno-miguel anxo fernandez-9788482889283



Un novo caso do detective Frank Soutelo. Logo do éxito de Un nicho para Marilyn, Frank Soutelo, detective californiano de pais galegos, volve en Luar no inferno aos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais realizadas con violencia real. Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) aborda con orixinalidade o xénero policial para recrear, con humor e ironía, o mundo das películas de detectives e a súa engaioladora e apaixonante maneira de contar historias.

jueves, 3 de diciembre de 2015

"Lume de cobiza" de Miguel Anxo Fernández






Un novo caso de Frank Soutelo, desta volta en Galicia

Logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006.

Sen esquecer o humor, Miguel Anxo Fernández aborda nesta novela un dos asuntos máis controvertidos da actualidade.

lunes, 30 de noviembre de 2015

"Tres disparos e dous friames" de Miguel Anxo Fernández

Retranqueiro, un tanto cínico, co seu aquel fanfurriñeiro e a súa particular idea de xustiza, en Tres disparos e dous friames, terceira novela da serie, este detective volve meterse en leas nos máis escuros e depravados ambientes de Hollywood.
 Unha aspirante a actriz, moza e fermosa, un importante e respectado produtor de cinema que busca satisfacer os seus instintos e unha muller cobizosa que mantén a ficción dun matrimonio perfecto son os vimbios cos que Miguel Anxo Fernández constrúe unha historia chea de reviravoltas.

"Un nicho para Marilyn" de Miguel Anxo Fernández

Premio de Novela Manuel García Barros, 2002 .Unha divertida e paródica obra do xénero negro. Frank Soutelo, detective privado californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desaparición do cadáver de Marilyn Monroe, co que está relacionada unha rede de necrofilia de "alto nivel". Miguel Anxo Fernández acerta cos se us diálogos faiscantes, coa ironía e cun tratamento novo e orixinal do mítico mundo do cinema.