miércoles, 26 de abril de 2017

"Noah Barleywater escapa da casa" de John Boyne

Fuxir dos problemas, sen mirar atrás. Noah emprende un camiño de rumbo incerto e atopa consolo na sabedoría dun artesán moi especial. Atrápao a maxia dos bonecos que ten na súa tenda. Tenrura e fantasía nas páxinas deste conto de fadas.

martes, 25 de abril de 2017

"Amor de Sara" de Xosé Neira Vilas

La emigración truncó su historia de amor y Sara, en plena madurez, combate la soledad y revive su pasado adolescente escribiéndole cartas a Tomás. En el tiempo trágico de la postguerra, la pobreza y la represión.

lunes, 24 de abril de 2017

"A evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly

Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista.

miércoles, 5 de abril de 2017

"Un monstro vén a verme" de Patrick Ness

Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo,moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapazque -malia estar asustado ante dureza coa que se lle presenta a vida: a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumira verdade, a súa realidade. “Un monstro vén a verme” é unha extraordinaria e exitosa novela sobre o amor, a perda e a esperanza. A partir da idea orixinalda escritora norirlandesa Siobhan Dowd, que en 2007 perdeulle a batalla ao cancro, Patrick Ness tece unha historia emocionante, divertida e conmovedora na que o valor pode superar a dor.O seu tratamento da enfermidade e da morte non é frívolo, enganoso nin edulcorado, senón auténtico, contundente e audaz.