Mostrando entradas con la etiqueta Premio Meiga Moira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premio Meiga Moira. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de abril de 2013

"Bandeiras negras" de Ana Mª Galego Gen


Obra gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2012
N'A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.
Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el?
Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna...