lunes, 14 de diciembre de 2015

"O frío azúl" de Ramón Caride Ogando

o frio azul-ramon caride-9788478245406O frío azul.. Ano 1517. Nunha escura invernía, desafiando unha mesta nevarada, un viaxeiro chega ao mosteiro de Oseira. Acarrexa unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por saber a calquera prezo a razón da súa insólita desventura. Pouco a pouco, paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos monacais van minando a súa afouteza, ata que, finalmente, a impensada confesión do amo do mosteiro o leve sen remisión polos camiños máis abraiantes. Sen acougo, do val estremeiro do Xálima a Portugal, de Toledo ao Courel, o autor tece un sorprendente relato que se vai apoderando do lector. Un relato de guerras e de nigromancia, de panteísmo e de represión, de poder asoballante e de resistencia secular. Un relato sorprendente que oscila, a cada paso, entre a quentura do amor e a friaxe da morte, entre as historias reais que sobrecollen e as lendas que perviven, agochadas, nos curutos das serras máis afastadas. Ramón Caride debuxa con mestría paisaxes, feitos e soños en O frío azul (Premio Manuel Lueiro Rey de novela Curta 2007), para facernos vivir, na compaña dos seus protagonistas, unha viaxe inesquencíbel polo tempo e polo espazo que nos permite albiscar os abismos máis fondos, os que cada un de nós levamos dentro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario