A Fosa
Atlántica é unha zona do océano situada a unhas 300 millas das costas galegas.
Nela estivéronse mergullando, ata 1982, os residuos radiactivos das centrais
nucleares de diversos países europeos. Nesa zona aparece un día unha estraña
mancha brillante.O Alto Mando da OTAN acouta a zona e descobre que a mancha
brillante está formada por flores, unha morea de estrañas flores mutantes que
aboian na tona e deitan un penetrante recendo. Axiña se decatan de que teñen
unha propiedade preocupante: a persoa que cheira as flores convértese axiña
nunha activa pacifista.Alba, unha rapaza que vive nunha vila de beiramar, vai
se-la protagonista da aventura que se empeza a desenvolver. Unha expedición
ecoloxista parte a descubri-lo misterio das flores e Alba vai de polisón no
barco. Os da expedición, coa imprescindible axuda de Alba, conseguen burla-la
vixilancia dos militares e coller mostras das flores, que axiña espallan por
todo o mundo. Os efectos do seu recendo non se fan agardar e, no remate da
aventura, asistimos ó inicio dunha era en que as guerras non van ter cabida e
onde parece posible unha nova orde mundial baseada na paz e na cooperación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario