"Historias de Oregon" de Diego Ameixeiras
Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos,
desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de
mergulladores atopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde
onde fora tirada ao río tras ser apuñalada. A súa compañeira, Camelia V.P.
encóntrase unha vez ao mes cun construtor no motel Trópico. A doutora Carme M.
T. esfórzase por atopar as palabras axeitadas cando Rafael B.D. se presenta na
súa casa cun ramo de rosas para expresarlle a súa admiración. Aurora P.G., unha
doante cero positivo, sofre cada noite a violencia do seu home. Os membros da
brigada antiinciendios enfróntanse a esa nube sucia que percorre a ladeira do
monte. Eis algunhas das historias que se mesturan nos límites de Oregón, na
cidade cero, ese lugar sombrío debuxado pola precariedade e os proxectos truncados
pola sorte adversa. Vidas cruzadas de personaxes que viven nas marxes, tramas
paralelas que conforman un mosaico incompleto, aínda que representativo das
maiores inxustizas e contradicións das sociedades urbanas do noso tempo.
Tras
os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo
sucio, premio da Semana Negra de Xixón, Diego Ameixeiras consolídase con
Historias de Oregón, co seu característico estilo directo e conciso, como
auténtico mestre do xénero negro máis contemporáneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario