Para aqueles e aquelas aos que lles gustan as historias curtas e reais, presentamos Cuentos para niños que se atreven a ser diferentes. Trátase dun precioso volume ilustrado no que aparecen arredor de cen historias sobre rapaces que fixeron do mundo un lugar mellor sen matar dragóns. Porque a igualdade non é so cousa delas.Tamén en clave de igualdade, non podía faltar unha historia das mulleres. Herstory é unha historia ilustrada que contén, baixo unha perspectiva crítica, un repaso da vida do xénero feminino dende a Prehistoria ata o #MeToo.






