sábado, 29 de enero de 2011

"O burato do inferno" de Xosé Manuel Trigo e Ramón Trigo

A Guarda, Galicia, ano 1858.
Xosé recibiu un día a chamada de don Elías, o párroco, para que o acompañara visitar o pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana. Aínda que Xosé desprezaba o moribundo, non podía negarse a aquela petición. O seu pai, Benito o Lindo, era un home endurecido pola miseria e a fame, que abandoara a súa muller cando quedou embarazada. Durante un tempo foi raqueiro e contrabandista na fronteira con Portugal; despois desapareceu. Xosé non tivo noticias súas ata que comezou a enviarlle cartos para a súa manutención. Trala morte da súa muller, Benito fíxose cargo dos gastos do seu fillo ata que este puido valerse por si mesmo. Mentres se achegaba á illa, Xosé tivo un estrano presentimento...
Nas costas galegas os raqueiros, piratas de terra, aproveitaban as noites sen lúa e prendían fogueiras para enganar as embarcacións que navegaban próximas, e así facíanlles crer que seguían o rumbo correcto. De súpeto, os barcos encallaban nunha praia ou estrelábanse contra as rochas e eran atacados polos raqueiros, que os asaltaban e os despoxaban rapidamente da súa carga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario