domingo, 28 de abril de 2013

"Universo Pitágoras"de Rosa Leira Castro

rocio leira universo pitagoras
Fala dunha nena que detesta os números e de súpeto un día vese atrapada nun universo matemático. Para saír de alí vai ter que poñer a proba o seu enxeño, vai ter que resolver distintos enigmas, probas de lóxica, etc. Ademais o libro garda unha sorpresiña: está totalmente desordenado. Entón vai ser o propio lector o que coa súa astucia terá que resolver unhas adiviñas e dar coa orde correcta. Está pensado para un lector activo que participe moito no libro. 

O libro ofrece unha visión un pouco máis amena e divertida das matemáticas, para que os nenos non as vexan como algo arisco, que non serve para nada, senón que se divirtan e que aprendan con ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario